O CEIP Luís Seoane de Oleiros impulsa a súa formación docente co programa Erasmus+

O CEIP Luís Seoane, situado no municipio de Oleiros, está a formar parte dun proxecto internacional dentro do programa Erasmus+ baixo o nome “Educando en igualdade, aprendendo desde a diversidade”. A través deste programa, varias mestras do centro melloran as súas competencias docentes ao participar en cursos e períodos de observación en diferentes escolas de Portugal, Eslovaquia, Alemania e Italia.
Este proxecto permite que as docentes do CEIP Luís Seoane compartan experiencias con outros profesionais da educación europea, abordando xuntos retos comúns en áreas como a preservación do patrimonio cultural, a aprendizaxe de idiomas, a integración das artes, as necesidades educativas especiais, a organización do centro e, especialmente, o coidado do medio ambiente e a convivencia escolar.
Recientemente, o centro recibiu a visita de dúas mestras procedentes de Eslovaquia, quen tiveron a oportunidade de coñecer o funcionamento do currículo do colexio e participar activamente en diversas prácticas educativas. Estas visitas constitúen unha valiosa ocasión para o intercambio de metodoloxías e a mellora continua das prácticas docentes.
A directora do CEIP Luís Seoane, Dolores Roldán, destacou a importancia deste tipo de colaboracións internacionais, sinalando que “poder visitar centros escolares europeos e seguir mellorando a nosa formación como docentes é fundamental para poder adaptar a nosa práctica educativa aos cambios que se están a producir a todos os niveis. A visita das nosas compañeiras eslovacas abre novas portas ao traballo en común e constitúe unha fonte de motivación para fortalecer o noso ideario pedagóxico”.
A participación neste proxecto non só permite mellorar as capacidades do profesorado, senón tamén enriquece a experiencia do alumnado, que se ve beneficiado pola implementación de boas prácticas educativas e por un enfoque máis global e diverso no proceso de aprendizaxe.
Ademais, no vindeiro mes de abril, dúas profesoras do CEIP Luís Seoane terán a oportunidade de visitar un centro escolar en Eslovaquia, continuando así co intercambio de experiencias educativas que segue a fortalecer os lazos internacionais e as colaboracións entre escolas de diferentes partes de Europa.
Este proxecto está a ser unha experiencia enriquecedora para a comunidade educativa do CEIP Luís Seoane, que continúa traballando no seu obxectivo de mellorar e actualizar as súas metodoloxías pedagóxicas para ofrecer unha educación máis completa e inclusiva ao seu alumnado.