O CEIP de Torres abre as súas portas en febreiro para dar a coñecer o seu proxecto educativo

ACoruñaXa
As visitas serán todos os xoves de 12.00 a 14.00 h no colexio público de Torres en Vilarmaior e están dirixidas a familias con nenos e nenas de 3 a 8 anos
VILARMAIOR ceip de torres
27 Jan 2026

O CEIP de Torres, en Vilarmaior, celebrará durante o mes de febreiro unhas xornadas de portas abertas para que as familias poidan visitar o centro e coñecer de primeira man os seus espazos e a súa proposta educativa. As visitas desenvolveranse todos os xoves entre as 12.00 e as 14.00 h e están orientadas a nenos e nenas de 3 a 8 anos.

Dende o colexio animan a achegarse para descubrir o día a día da escola e o seu enfoque pedagóxico, no que salientan as metodoloxías activas, o acompañamento respectuoso á infancia e o contacto diario coa natureza.

Para participar é necesario solicitar cita previa. As familias interesadas poden contactar co centro a través do correo ceip.torres@edu.xunta.es ou no teléfono 625 48 25 51.

⚙ Configurar cookies
0.079252958297729