O CEIP de Teixeiro completa a tarima en todas as aulas tras a última fase de obras

O CEIP de Teixeiro conta desde este xoves con tarima no 100% das súas aulas logo de que o Concello de Curtis rematase a instalación do pavimento nas cinco clases que aínda non dispoñían del. A actuación executouse aproveitando o período vacacional, co obxectivo de reducir as molestias no día a día do centro.
Segundo trasladou o Concello, esta mellora busca facer os espazos de aprendizaxe máis acolledores e contribuír a un mellor illamento térmico, de xeito que as aulas resulten máis confortables para o alumnado e o profesorado.
A intervención tivo un custo de 13.680,26 euros e enmárcase nas actuacións municipais de mantemento e mellora das instalacións educativas do municipio.