O CEIP de Tabeaio abre as súas portas ás familias o 23 de febreiro

ACoruñaXa
O colexio de Carral organiza unha visita guiada de 16.00 a 17.00 horas para amosar as instalacións, o proxecto educativo e o día a día do centro
CARRAL ceip tabeaio
2 Feb 2026

O CEIP de Tabeaio celebrará unha xornada de portas abertas o vindeiro 23 de febreiro, en horario de 16.00 a 17.00 horas, co obxectivo de dar a coñecer o centro ás familias interesadas. A convocatoria, difundida polo Concello de Carral, propón unha visita nun ambiente familiar e acolledor.

Durante a sesión, as persoas asistentes poderán percorrer as instalacións e achegarse ao proxecto educativo do colexio, ademais de coñecer de primeira man como é o funcionamento diario das aulas. Dende o centro lembran a importancia de confirmar asistencia previamente a través do correo electrónico ceip.tabeaio@edu.xunta.gal.

A iniciativa preséntase baixo a idea de 'escola rural: pequena por fóra, xigante por dentro', como un convite para descubrir un espazo educativo de proximidade.

⚙ Configurar cookies
0.077702045440674