O CD Zalaeta Rugby Arteixo anima a veciñanza a celebrar o Magosto e un fin de ano adiantado no seu local social

ACoruñaXa
O club programa para o 8 de novembro unha xornada festiva con castañas e visionado de partidos internacionais, e convida a reservar o 20 de decembro para repetir a despedida de ano con campás, uvas e chocolate con churros
ARTEIXO magosto zalaeta
31 Oct 2025

O CD Zalaeta Rugby Arteixo vén de anunciar o calendario de actividades no seu espazo social ata finais de ano, co obxectivo de dinamizar a vida do club e abrir o seu local á comunidade. A entidade lembra que o #ONosoLocal poderá abrir noutros días, mais estes dous fitos quedan xa marcados na axenda como citas destacadas.

O venres 8 de novembro celebrarase o Magosto, unha xornada de convivencia con castañas e ambiente rugbeiro que servirá tamén para compartir a proxección de varios encontros internacionais: España contra Irlanda A, Escocia contra Nova Celandia, Inglaterra contra Fidxi, Italia contra Australia e Francia contra Suráfrica. Ademais, o club avanza que o sábado 20 de decembro regresará o seu fin de ano adiantado, unha festa pensada para socios, amizades e familias, con campanadas, uvas e chocolate con churros.

⚙ Configurar cookies
0.077368021011353