O CD Hydra leva 11 volantistas a Viveiro e regresa cunha boa colleita de medallas nun torneo recreativo de base

ACoruñaXa
A cita, organizada polo Club Bádminton O Cembedo coa Federación Galega, reuniu no pavillón Antonio Tarrío a medio cento longo de rapazada de toda Galicia e serviu para sumar experiencia competitiva
CURTIS cd hydra
16 Feb 2026

O CD Hydra, con sede en Teixeiro, participou esta fin de semana nun torneo recreativo de bádminton celebrado en Viveiro, unha xornada pensada para as categorías de base e enfocada no aprendizaxe e na convivencia entre clubs. O equipo curtiense desprazou 11 deportistas, desde sub-9 ata sub-17, que compartiron pista con xogadores doutras entidades galegas e regresaron cunha destacada colleita de medallas, segundo trasladou o propio club.

O torneo tivo como escenario o pavillón Antonio Tarrío e estivo organizado polo Club Bádminton O Cembedo en colaboración coa Federación Galega de Bádminton. A xornada desenvolveuse entre as 10.00 e as 18.00 horas e contou coa participación de 55 nenas e nenos chegados de distintos puntos de Galicia, con encontros en varias categorías formativas.

Desde o Hydra destacan que, ao tratarse dun evento recreativo, o máis importante foi competir sen presión, acumular partidos e mellorar aspectos técnicos e tácticos. Na expedición participaron xogadores e xogadoras de diferentes idades, o que permitiu ao club facer unha lectura positiva do progreso do grupo e do traballo realizado nos adestramentos semanais.

⚙ Configurar cookies
0.079622030258179