O CD Hydra de Curtis leva o seu bádminton á elite estatal sub 13 no Máster Nacional de Nigrán

ACoruñaXa
Os resultados permiten a Darío manter o liderado galego en dobres e o segundo posto en individual
CURTIS hydra dario
19 Jan 2026

O Club Deportivo Hydra de Curtis tivo representación este sábado 17 de xaneiro no Máster Nacional sub 13 celebrado en Nigrán (Pontevedra), unha cita de bádminton que se disputa ao longo da fin de semana no concello pontevedrés.

Segundo informou o propio club, Darío participou tanto na modalidade individual como en dobres, mentres que Cristian competiu unicamente en dobres ao non contar con puntuación abonda para entrar no cadro individual, reservado aos 21 mellores do ranking estatal.

A actuación do deportista do Hydra tradúcese nun impulso para a clasificación autonómica: grazas aos resultados obtidos en Nigrán, Darío manterase como número 1 de Galicia en dobres e como número 2 en individual na súa categoría.

⚙ Configurar cookies
0.086486101150513