O Carteiro Real pasa polos colexios de Carral para recoller as cartas de Nadal

ACoruñaXa
O mensaxeiro dos Reis Magos visitou os centros escolares do municipio e levou unha chea de peticións (e ilusión) dos nenos e nenas
CARRAL mensajero real
19 Dec 2025

Co Nadal xa ás portas, o Carteiro Real fixo parada este venres nos centros escolares do Concello de Carral para adiantarse ao traballo e recoller as cartas dos máis pequenos e pequenas. Entre sobres, debuxos e mensaxes cheas de detalles, o emisario foi anotando as peticións que agora viaxarán rumbo ao Oriente.

Desde o Concello destacaron o ambiente vivido nas aulas, con caras de ilusión e moitas ganas de que cheguen as datas grandes. A visita converteuse nunha desas tradicións que marcan o calendario destas semanas, nas que os nenos e nenas comezan a preparar a chegada dos agasallos e a vivir o espírito do Nadal.

⚙ Configurar cookies
0.076947927474976