O cantante Mikel Erentxu protagonizará a actuación principal do San Xoán 2024 na Coruña
ACoruñaXa
Mikel Erentxun realizará a actuación principal da noite de San Xoán 2024, a partir das 00.20 horas na Explanada de Riazor
12 Xuño 2024
Este mércores 12 de xuño a alcaldesa da Coruña Inés Rey informou na Xunta do Goberno local sobre os avances na programación con motivo do San Xoán 2024.
Neste sentido, a rexedora desvelou que o artista e compositor Mikel Erentxun protagonizará a actuación principal da noite de San Xoán 2024.
O concerto terá lugar ás 00.20 horas do 24 de xuño, na explanada de Riazor. Será de balde e completarase con máis actividades programadas.
Rey tamén presentou a imaxe da festividade deste ano que leva por lema 'A Coruña é San Xoán'. “Seguindo a liña da campaña que lanzamos en FITUR, A Coruña, Cultura de Vivir, reivindicamos o que nos identifica como coruñeses e coruñesas, a nosa festa local máis querida e celebrada” sinalou a alcaldesa.