O Campus Xuncas Internacional reunirá en Cambre ás futuras promesas do básquet

ACoruñaXa
O programa, organizado polo Club Xuncas Diversia e o Club Baloncesto Cambre en colaboración co Concello, terá lugar entre o 13 e o 27 de xullo
Imaxe da presentación do Campus Xuncas en Cambre
11 Xul 2024

Unha nova canteira de novas promesas do baloncesto xurdirá, este verán, en Cambre. Todo grazas ao Campus Xuncas Internacional, organizado polo Club Xuncas Diversia e o Club Baloncesto Cambre en colaboración co Concello. A iniciativa, que se realizará no municipio por cuarto ano consecutivo, aterrará no con importantes novidades. Por unha banda, adquirirá un enfoque internacional, abríndose a alumnado, non só de fóra de Galicia, senón tamén de España. Polo outro, a actividade ampliouse, ofrecendo dúas quendas: un, do 13 ao 20 e outro do 20 ao 27 de xullo.

A alcaldesa, María Pan, e o concelleiro de Cultura, Deportes e Xuventude, David Saborido, recibiron, hoxe, ao director deportivo do Campus Xuncas Internacional e primeiro adestrador do Ensino Lugo, Antonio Pernas, así como ao presidente do CB Cambre, Javier Prieto, ao director técnico do Club Xuncas e adestrador do CB Cambre, Fernando Díaz, e ao director xeral da Asociación Deportiva e Cultural Diversia e adestrador do CB Cambre, Anxo Nadela,

En total, ao longo das dúas semanas do programa participarán máis de 100 alumnos e alumnas procedentes dos seguintes lugares: Cambre, Nigrán, Culleredo, Montrove, Santiago, Lugo, Sarria, A Coruña, Madrid, Palma de Mallorca e Estados Unidos. A ampliación de días adoptouse @teniendo en cuenta as boas cifras de participación obtidas nas últimas edicións. Con todo, desde a organización confían en que estes números continúen crecendo co paso dos anos.

Con respecto a outras edicións, o campus incorporou un grupo especial de tecnificación no que tomarán parte tres xogadoras da liga Feminina de Baloncesto: Ceci Muhate e Branca Milán, do Durán Maquinaria Ensino Lugo e Xabela García (do Osés Construción Ardoi). A maiores, o programa contará coa participación de 13 adestradores que se encargarán de inculcar aos mozos a paixón polo baloncesto. O Campus Xuncas Internacional contará tamén cun preparador físico e cunha fisioterapeuta.

Máis aló dos adestramentos, o campus ofrecerá tamén propostas de lecer. Ao longo da experiencia, as persoas participantes poderán realizar saídas e outras actividades complementarias. Entre elas, gozarán de pádel surf, veladas nocturnas e dunha visita ao Aquapark de Cerceda.

0.17125487327576