O Burgo comeza hoxe as súas festas do Apóstol

ACoruñaXa
Contará con grandes actuacións musicais a cargo das orquestras do momento, así como oficios relixiosos na honra á Virxe do Carmen e ao Santiago Apóstol
o burgo festas do apostol en culleredo
Cartel
23 Xul 2024

A localidade do Burgo, en Culleredo, celebra as súa festa do Apóstol do 23 ao 28 de xullo. Contará con grandes actuacións musicais, así como oficios relixiosos na honra á Virxe do Carmen e ao Santiago Apóstol.

O programa dará comezo hoxe cunha verbena a cargo da orquestra París de Noia e, logo de todo o día seguinte de descanso, continuarase pola noite con outra verbena con América Vigo como protagonista.

O xoves, a festividade dará comezo cun pasarrúas coas charangas Santa Compaña e Alambique como acompañamento. A continuación, terá lugar a sesión vermú co dúo Estrella e a verbena con Los Satélites.

O venres haberá unha churrascada populare a verbena estará a cargo da orquestra Ritmo Joven. O grupo Bomba será a que amenice a do sábado, onde haberá fogos artificiais.

O domingo, a festividade comezará cun pasarrúas coas charangas Os Celtas e DGT como acompañamento. Aixa Roma será o protagonista da sesión vermú e Panorama da verbena de fin de festa.

Os actos relixiosos celebraranse no horario acostumado.

 

0.38237905502319