O Burgo acolle unha xornada formativa sobre o traxe popular galego

A Sala de Vídeo do Edificio de Servizos Múltiples de O Burgo acollerá a próxima semana, o venres 29 de marzo, unha xornada formativa sobre o traxe popular galego. A iniciativa, organizada pola Agrupación Folclórica Ancordadoira coa colaboración do Concello de Culleredo, está programada a partir das 17.00 horas.
A xornada será impartida por Ana Nogareda Mato e contará con entrada gratuita para os socios da agrupación, mentres que aquelas persoas que non sexan membros deberán aboar un prezo de 5 euros.
Para participar será necesario realizar unha inscrición previa contactando coa agrupación a través do teléfono 640 234 610 ou no correo electrónico ancoradoira@gmail.com, onde tamén se pode solicitar máis información.