O boletín oficial de Bergondo publicou a convocatoria das axudas para o estudantado
O Concello de Bergondo avanza na súa aposta por promover unhas mellores condicións para o estudantado da localidade coa convocatoria das axudas económicas aos desprazamentos escolares para o próximo curso 2024-2025.
O boletín oficial da provincia publicou a convocatoria destas subvencións das cales poderán beneficiarse todos os estudantes empadroados no Concello que cursen; Educación Infantil; Bacharelato; Formación Profesional; ensinos de réxime especial; Educación Universitaria; programas internacionais oficiais e outros estudos oficiais homologados.
A presente convocatoria está dotada cun orzamento total que ascende a 15.000,00 euros.
As persoas que desexen presentar as súas solicitudes a esta convocatoria poderán facelo desde hoxe, 27 de xullo, ata o próximo 11 de outubro.