O BNG reclama habilitar máis prazas de aparcamento na N-VI en Guísamo

ACoruñaXa
A formación nacionalista propón aproveitar terreos en desuso para facilitar a recollida de nenos e nenas na escola infantil da zona
BERGONDO guisamo nvi
1 Sep 2025

O BNG presentou no último pleno municipal unha proposta para ampliar os espazos de estacionamento na estrada N-VI ao seu paso por Guísamo. A iniciativa céntrase no tramo comprendido entre as dúas novas rotondas, no lado dereito en sentido ascendente, onde existe unha franxa libre entre os peches das parcelas e a propia vía.

Segundo explicou o voceiro nacionalista, David Carro, 'a última reforma da N-VI eliminou aparcamentos nunha zona especialmente sensible, xa que alí se atopa, entre outros servizos, unha escola infantil'. Esta circunstancia, sinalou, obriga ás familias a realizar paradas en condicións pouco seguras para deixar ou recoller aos pequenos.

Carro defendeu que 'aproveitando ese espazo hoxe infrautilizado podería crearse unha zona de aparcamento que, cando menos en parte, daría resposta a unha necesidade evidente e que non se tivo en conta no seu momento'.

⚙ Configurar cookies
0.17779088020325