O BNG pide actuacións no Monte Costa tras o último incendio

ACoruñaXa
A formación solicita a limpeza da biomasa, medidas sobre parcelas incumpridoras e unha avaliación dos posibles danos no Castro de Cillobre
CULLEREDO extinto lume
26 Aug 2025

O grupo municipal do BNG en Culleredo vén de presentar unha solicitude formal ao goberno local para que se adopten medidas no Monte Costa, logo do incendio rexistrado recentemente nesta contorna natural.

Durante unha visita realizada con veciños e veciñas de Cillobre, o portavoz nacionalista, Tono Chouciño, sinalou a existencia de puntos con maleza acumulada, vertedoiros incontrolados e presenza de eucaliptos sen control, que chegan a achegarse ás murallas do Castro de Cillobre.

Segundo Chouciño, é necesario “unha intervención áxil que contribúa a mellorar o estado da zona e reduza riscos futuros”. Nese sentido, o BNG lembra que tanto a Deputación da Coruña, como titular do monte, como o propio Concello —que dispón dun convenio de xestión— teñen competencias para actuar.

A formación tamén destaca que existen parcelas privadas preto das vivendas con requirimentos de limpeza previos que non se executaron. “As administracións teñen mecanismos para facer cumprir a normativa e garantir a seguridade da veciñanza”, apuntou o voceiro.

⚙ Configurar cookies
0.16694498062134