O BNG insta ao Concello de Bergondo a habilitar un autobús para o cribado do cancro de mama

ACoruñaXa
David Carro lembra que moitas mulleres non dispoñen de transporte e que a dificultade de aparcamento na Coruña agrava o acceso ás probas preventivas
BERGONDO buses
3 Oct 2025

O BNG de Bergondo presentou no último pleno a proposta de que o Concello habilite un transporte colectivo para as mulleres que deben realizar o cribado de cancro de mama na cidade da Coruña. O portavoz municipal, David Carro, explicou que 'moitas destas mulleres non contan con transporte para poder desprazarse ao hospital, ademais, a súa localización, con poucos espazos para aparcar, é unha dificultade engadida'.

Carro subliñou que se trata dunha medida orientada a facilitar o acceso a unha proba preventiva de gran importancia sanitaria e social: “Para facilitar o desprazamento para esta proba preventiva de gran importancia, instamos ao Goberno Local a habilitar un transporte, toda vez que as citas adoitan darse por concellos e coinciden alí moitas veciñas”, sinalou.

A iniciativa do BNG busca reducir as barreiras que impiden a participación no programa de cribado e, ao mesmo tempo, apoiar á poboación máis vulnerable que non ten opcións de mobilidade privada. Agora queda por ver o pronunciamiento do goberno municipal e as posibles vías de financiamento e organización do servizo solicitado.

⚙ Configurar cookies
0.21120691299438