O BNG insta á Xunta a ceder o uso do Complexo Xuvenil As Mariñas ao Concello e ao tecido asociativo

ACoruñaXa
O Pleno aprobou, co voto a favor dos nacionalistas e a abstención do resto de grupos, acordar un convenio que permita ampliar o uso destas instalacións
BERGONDO David Carro BNG
3 Dec 2025

O BNG conseguiu aprobar no pleno do Concello de Bergondo unha moción para instar ao Concello e á Xunta de Galicia a acordar un convenio que permita o uso do Complexo Xuvenil As Mariñas, que inclúe o albergue de Gandarío e o coñecido como o da "Mariña Española", tanto para o Concello como para o tecido asociativo local interesado.

O portavoz do BNG, David Carro, destacou que “temos unhas instalacións de primeiro nivel, unha xoia, con varios pavillóns para pasar a noite, instalacións adaptadas, pistas polideportivas, anfiteatro, laboratorios, comedor ao aire libre, zona de acampada, piscina, salas de reunións... instalacións que a maior parte do ano están infrautilizadas e as que se lles pode quitar maior partido”.

Carro cuestionou as razóns de que o Concello e o tecido asociativo non poda acer uso destas instalacións públicas, incidindo nos motivos polos que se nega o uso “cando nestas non hai actividades da Xunta”. A moción foi aprobada só cos votos do BNG e a abstención do resto de grupos.

⚙ Configurar cookies
0.080372095108032