O BNG denuncia a redución de prazas nos campamentos deportivos municipais en Novo Mesoiro e no Barrio das Flores

ACoruñaXa
O partido vai interpelar o Goberno Local no Pleno deste xoves 6 de xuño en relación á diminución de prazas ofertadas nos campamentos deportivos
campamentos-amencer
Imaxe dun campamento de verán
29 May 2024

O concelleiro do BNG na Coruña David Soto vai interpelar o Goberno Local no Pleno deste xoves 6 de xuño en relación á diminución de prazas ofertadas nos campamentos deportivos municipais en Novo Mesoiro e o Barrio das Flores.

“Que desaparezan actividades en Novo Mesoiro e no Barrio das Flores, que se reduzan as prazas, non nos parece o máis adecuado se o que se pretende, en palabras da alcaldesa, é mellorar a eficiencia e as prestacións dos campamentos deportivos municipais”, xulga Soto.

“Pola contra, o que se debería facer, para facilitar o acceso das familias a estas bolsas e para garantir a conciliación de pais e nais durante o verán, é descentralizar os campamentos e ofrecer más prazas”, considera.

O teor literal da pregunta que vai formular no Pleno David Soto é o seguinte: “Que medidas vai adoptar o Goberno Local para paliar a diminución das prazas dos campamentos deportivos municipais en Novo Mesoiro e Barrio das Flores?”.

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19107794761658