O BNG demanda novas medicións das emisións da fábrica Betanzos HB

ACoruñaXa
A formación nacionalista pide comprobar a adecuación da fábrica ás normativas ambientais
A concelleira do BNG de Betanzos, Vanessa Rey
30 Dec 2024

O BNG de Betanzos presentou unha iniciativa no pleno municipal para instar o goberno local a pedir á Xunta de Galicia novas medicións das emisións de gases da fábrica Betanzos HB, situada na parroquia de Requián.

Segundo o BNG, estas medicións son imprescindibles para verificar se a empresa cumpre cos novos obxectivos climáticos fixados pola Unión Europea, que establecen unha redución do 90% das emisións de gases de efecto invernadoiro para o ano 2040, tomando como referencia os niveis de 1990.

A concelleira nacionalista Vanessa Rey explicou que “Betanzos HB xa foi obxecto de medicións no pasado, pero cómpre realizar novas probas para garantir que as emisións están dentro dos límites permitidos polas normativas ambientais actuais”. O BNG insiste na importancia de asegurar que as empresas con maior impacto ambiental cumpran coas esixencias medioambientais para contribuír á loita contra o cambio climático.

 

0.1653151512146