O BNG da Coruña sinala aos vehículos que aparcan nas beirarrúas de Pío XII e Santo Agostiño

ACoruñaXa
A concelleira nacionalista Avia Veira presentou unha batería de preguntas por escrito para esixir accións ao Goberno local
mercado-agostinho
1 Jul 2025

O grupo municipal do BNG na Coruña denuncia que, especialmente durante a noite, “vehículos sen dereito a o facer estacionen enriba das beirarrúas da rúa Pío XII ou na rúa Santo Agostiño”, unha práctica que se está a repetir e que xerou numerosas queixas veciñais.

Ante esta situación, a concelleira nacionalista Avia Veira presentou unha batería de preguntas por escrito para esixir accións ao Goberno local. O problema céntrase na zona próxima ao Mercado de Santo Agostiño, unha área que foi reformada hai dous anos e medio para aumentar o espazo peonil na conexión coa Praza do Humor.

Veira alertou de que “recentemente, unha persoa estivo a piques de ser atropelada por culpa dos coches mal aparcados”. A pesar da reforma orientada a favorecer o paso dos peóns, o espazo “cada día é máis hostil para as persoas que transitan por ela”.

Entre as demandas da edil nacionalista está o inicio dunha campaña de vixilancia sobre o aparcamento indebido, a comunicación do número de sancións impostas e a valoración da instalación de máis bolardos para disuadir aos condutores de estacionar nestas rúas. O obxectivo é que a veciñanza “poida desfrutar con seguridade desta zona peonil”.

⚙ Configurar cookies
0.1605110168457