O BNG da Coruña pide a comparecencia do concelleiro de Cultura e Turismo no Pleno

ACoruñaXa
O grupo nacionalista destaca ter logrado que Gonzalo Castro dea explicacións sobre a súa xestión
Imaxe da rolda de prensa celebrada este martes 2 de abril na Coruña do BNG
10 Jul 2025

O BNG da Coruña logrou que o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, compareza este venres no Pleno do Concello para dar explicacións sobre a súa xestión á fronte do IMCE (Instituto Municipal Coruña Espectáculos) e do Consorcio de Turismo e Congresos.

A formación nacionalista rexistrou esta solicitude para esixir “unha dación de contas” tras detectar, segundo denuncian, diversas prácticas irregulares en ambos organismos municipais. En concreto, sinalan a existencia de “facturas irregulares pendentes de pagamento” e “contratos verbais sen o necesario respaldo orzamentario”, actuacións que cualifican de “habituais” e “intolerábeis”.

Desde o BNG advirten de que estas prácticas non poden repetirse e reclaman ao Goberno Local de Inés Rey estándares de xestión máis rigorosos. “A xestión desta área do Goberno de Inés Rey está a anos luz dos estándares de rigor, transparencia e bo goberno que son esixíbeis a unha administración pública”, critican.

A comparecencia de Gonzalo Castro será, segundo o Bloque, unha oportunidade para que o Executivo municipal dea explicacións ante o Pleno e a cidadanía sobre cuestións que consideran graves e que afectan directamente á transparencia na administración dos recursos públicos.

 

 

 

 

Preguntar a ChatGPT

⚙ Configurar cookies
0.17206788063049