O BNG da Coruña mostra o seu acordo coa emerxencia sanitaria decretada polo Concello
O portavoz do BNG no Concello da Coruña, Francisco Jorquera, reiterou este luns o seu apoio á adopción da emerxencia sanitaria por parte do Goberno Local.
Salientou que esta decisión vén precedida dun pronunciamento do Pleno do Concello, o do pasado 4 de xullo, cando se aprobou por unanimidade un texto do BNG a prol da adopción de medidas extraordinarias ante actividades protagonizadas por un grupo, o cal estaba investigado por graves delitos, que perseguía exclusivamente o control da contratación e da promoción do persoal dun servizo que, prestado en réxime de concesión, é de titularidade municipal.
“Non só estamos ante un conflito que pode derivar nun problema de saúde pública, senón tamén de seguridade cidadá, polo que a adopción destas medidas era absolutamente urxente como vimos defendendo durante estas semanas. O Concello non pode claudicar ante a chantaxe”, conclúe Jorquera.