O BNG da Coruña aposta polo diálogo entre veciñanza e hostalaría para conciliar co ocio nocturno

ACoruñaXa
O grupo nacionalista aposta polo debate para compatibilizar actividade empresarial e descanso da cidadanía
hosteleria-bng
27 Mar 2025

O portavoz do BNG no Concello da Coruña, Francisco Jorquera, e o concelleiro nacionalista David Soto reuníronse con colectivos veciñais e hostaleiros para intercambiar opinións sobre a necesaria conciliación entre o dereito ao descanso da veciñanza e o ocio nocturno, xunto coas actividades empresariais vinculadas a el.

En concreto, Jorquera e Soto mantiveron encontros coa Asociación Veciñal Orzán Pescaría e coa Asociación para a Defensa e a Igualdade da Hostalaría da Coruña. Estas conversas permitiron recoller diversas perspectivas sobre un problema complexo que afecta tanto a residentes como a profesionais do sector hostaleiro.

“Tomamos boa nota das distintas perspectivas desde as que se aborda un problema que require do diálogo entre os sectores afectados, desde as veciñas e veciños, que obviamente teñen dereito ao descanso, ata as e os propietarios de establecementos hostaleiros, que desenvolven a súa actividade profesional”, afirmou Jorquera.

O BNG aposta por seguir afondando no debate e na procura de solucións que permitan compatibilizar ambos os dereitos, garantindo a convivencia entre os diferentes sectores implicados na vida nocturna da cidade.

 

⚙ Configurar cookies
0.53226804733276