O Basquet Coruña renova a Álex Hernández
O xogador murciano, Álex Hernández, renova o seu compromiso co club de baloncesto Basquet Coruña, sendo xa a súa cuarta temporada xogando dentro do club.
Ademais, O xogador do Leyma Coruña, Olle Lundqvist, recentemente renovado, continúa o traballo de recuperación da lesión sufrida no seu ombreiro esquerdo durante o partido disputado contra o Castellón no Palacio dos Deportes de Riazor, o pasado 5 de maio, na recta final da tempada 2023-2024.
Tras a intervención cirúrxica realizada exitosamente ese mesmo mes, o escolta sueco iniciou o correspondente período de recuperación e rehabilitación a cargo dos Servizos Médicos do Club. Desde entón, Lundqvist permaneceu a maior parte do verán na nosa cidade para traballar ininterrompidamente na súa recuperación.
Está previsto que se incorpore progresivamente aos adestramentos de pretemporada ata a súa total integración na dinámica do equipo de fronte ao comezo da competición.