O Básquet Coruña reforza a súa estrutura para afrontar os retos na ACB
O Club Básquet Coruña continúa perfilando o seu proxecto a nivel deportivo, institucional e social para afrontar con solvencia o seu debut na ACB na nova tempada 2024-2025 e lograr consolidarse na máxima categoría do baloncesto español, á que accede por primeira vez na súa historia.
Con este obxectivo, o Consello de Administración redeseñou a estrutura organizativa do club, dotándoa de novas áreas e profesionais que contribúan a dar resposta ás oportunidades de crecemento e ás esixencias derivadas do novo escenario que se abre a partir de agora.
Joaquín Aneri Mais incorpórase como director xeneral do club, que contará con seis áreas, tres delas de nova creación: Desenvolvemento de negocio e Comercial, encabezada por Yago Álvarez; Dirección de Operacións e Eventos, con Miguel García como responsable, e Dirección Deportiva, asumida por Charlie Uzal.
En canto ás áreas xa existentes, Rubén Vázquez continúa á fronte da Dirección de Canteira, e Susana Naya na Dirección de Administración. A área de Marketing e Comunicación refórzase coa incorporación de Gemma Castiñeira como responsable.
Traslado ao Coliseum da Coruña
O Leyma Coruña disputará os partidos correspondentes á liga Endesa da tempada 2024-2025 no Coliseum da Coruña unha vez que o Consello Reitor do IMCE acordou o texto do Documento regulador da cesión do recinto ao Club. No mencionado Documento Regulador establécese que o uso será gratuíto e que o equipo, ademais da disputa dos partidos, poderá realizar os adestramentos no propio Coliseum as semanas nas que o recinto non teña programados outro tipo de eventos culturais.
A cesión realízase co compromiso por parte do IMCE de que o Coliseum será entregado cumprindo coas Condicións establecidas nas “Normas Internas” e no “Regulamento de Competicións da Asociación de Clubs de Baloncesto” da tempada 2024-2025. Para ese efecto, o Concello da Coruña a través da Concellería de Deportes comprometeuse á adquisición dos materiais necesarios (pista homologada, canastras, marcadores, Ou televisiva etc.)/ etc.) que permitan satisfacer os mencionados requisitos, recollidos detalladamente no “Informe e necesidades Coliseum da Coruña” remitido pola ACB unha vez realizada a visita ao Recinto polos responsables da liga Endesa. Os responsables de ACB comunicaron ao Club que todo debe estar instalado a mediados de agosto, @teniendo en cuenta que a pretemporada comeza o día 12 dese mes.
A duración desta cesión é por unha tempada, segundo o acordo asinado polo presidente do club, Roberto Cibeira, e o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro.
Proceso de inscrición na competición
O Club está a ultimar os traballos para achegar toda a documentación necesaria para formalizar a súa inscrición na tempada 2024-2025 da liga Endesa. Entre os requisitos fundamentais está o dispoñer dun recinto deportivo que cumpra as
esixencias establecidas pola ACB, superar a auditoría de contas sen incidencias non emendables, e realizar o primeiro pago por importe de 654.459,58 euros (IVE incluído) correspondentes á achega económica á ACB para poder participar nas competicións organizas pola Asociación, unha cifra que en total ascende a 2.617.838,32 euros, que se irá pagando no próximas tres tempadas no caso de manter a categoría.