O barrio do Ventorrillo inicia este xoves as súas festas
Este xoves, 10 de outubro, comezan as festas populares do barrio do Ventorrillo, onde haberá actividades para todos os públicos ata o domingo. O Goberno de Inés Rey colabora na organización destes festexos co obxectivo de potenciar a dinamización cultural dos diferentes barrios da cidade a través destas celebracións de carácter popular.
O primeiro día estará marcado pola tradicional homenaxe a Pucho Boedo, emblemático cantante e veciño do barrio. Este ano sumarase un recordo a Sito Sedes, sucesor de Boedo na orquestra Los Satélites. Será precisamente esta agrupación a que abrirá o amplo repertorio musical destas festas, que están organizadas pola Asociación de Veciños do Ventorrillo. O pregón será ofrecido pola xornalista e divulgadora Carolina Pan e polo delegado do Básquet Coruña, con vínculos co barrio, Francisco Fernández Serrano. Acompañaraos a concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, Diana Cabanas.
Durante catro xornadas haberá diferentes actuacións musicais e actividades de todo tipo para todos os públicos. Ademais de Los Satélites, tamén encabezan o cartel das festas Foliada D’Ases, The Nunzias e Son do Vento.
Programación por días
Xoves 10
● 16.00 - Pasarrúas: Os Viqueiras
● 19.30 - Ofrenda floral a Pucho Boedo no Centro Cívico da Silva con Xurxo Souto. Recordo a Sito Sedes coa colaboración de Tito Calviño.
● 20.30 - Pregón a cargo de Carolina Pan López e Francisco Fernández Serrano. A continuación, homenaxe a Pucho Boedo ao carón da súa estatua.
● 22.00 - Verbena coa orquestra Los Satélites.
Venres 11
● 21.45 - Entrega de premios aos gañadores do concurso de Debuxo e Redacción
● 22.00 - Verbena con Foliada D’Ases, Son do Vento e DJ A3060.
Sábado 12
● 10.00 - Pasarrúas de espadana tradicional
● 12.00 – Actuación de Son do Vento e ‘Tributo as xeracións Disney’ cun espectáculo a cargo da Escola Galega de Teatro Musical.
● 13.00 - Exhibición de sevillanas co grupo Triana
● 13.30 - Sesión vermú con Aixa Romay
● 18.00 - Exposición de armas antigas e exhibición de loita con espada.
● 18.30 – Actuación de Vento Maneiro
● 22.00 – Actuación de Son do Vento e DJ A3060
● 23.00 - Concerto de The Nunzias
● 00.30 – Actuación de Son do Vento e DJ A3060
Domingo 13
● 12.30 – Actuación de Son do Vento e Miña Xoia co gaiteiro Manuel Viqueira.S
● 13.00 – Actuación de Son do Vento, Revolta Swing e Manu Gómez New Orleans Band.
● 14.00 – Actuación de Son do Vento e Dúo Maracaibo.