O barrio do Agra do Orzán acolle a presentación-concerto do libro-disco infantil 'O Dentista Musical'

ACoruñaXa
O autor e vocalista Pablo Varela actuará o venres 26 ás 18.00 horas no local veciñal da rúa Entrepenas, 38 (soto), cunha proposta gratuíta para aprender saúde bucodental cantando
A CORUÑA agra do orzan
24 Dec 2025

A Asociación Veciñal Agra do Orzán organiza este venres 26 de decembro, ás 18.00 horas, a presentación e concerto de 'O Dentista Musical', o novo libro-disco de Pablo Varela, unha proposta dirixida especialmente á cativada de entre 2 e 9 anos que busca promover, dun xeito divertido, a educación e os hábitos de saúde bucodental na infancia.

O evento celebrarase no local veciñal (rúa Entrepenas, 38, soto) e está concibido como unha actividade aberta ao público, con entrada de balde. A entidade anima ás familias a achegarse coas crianzas para participar nunha tarde de música, baile e aprendizaxe arredor do coidado do sorriso.

A organización destaca que se trata dun proxecto colectivo no que colaboraron numerosos músicos e voces coñecidas, entre elas Xurxo Souto, Caamaño e Ameixeiras, Iago Mourinho, Xiana Lastra, Carmen Rey, Icía Varela e Tonhito de Poi, entre outros participantes.

⚙ Configurar cookies
0.076648950576782