O autobús de doazón de sangue visitará Miño o 18 de agosto

O luns 18 de agosto, o Concello de Miño acollerá a visita do autobús da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue. Esta unidade móbil permanecerá situada na rúa Mercado s/n, xusto diante da Policía Local, para facilitar a participación de todas as persoas interesadas en colaborar.
O horario de atención será de 10:00 a 14:30 horas durante a mañá, e de 16:00 a 21:00 horas pola tarde. Para realizar a doazón, é imprescindible presentar o DNI, o carné de doante ou calquera documento oficial que permita a identificación do doante.
Desde o Concello animan a toda a veciñanza a achegarse e contribuír a incrementar as reservas de sangue, un recurso fundamental para o sistema sanitario.