O Auditorio de O Burgo acolle este venres o monólogo de Federico Pérez

O Auditorio do Edificio de Servizos Múltiples de O Burgo será escenario este venres 28 de novembro do monólogo 'Xa que o sabes, voucho contar (e cantar)', protagonizado polo humorista Federico Pérez e integrado no programa municipal Culleredo en Escena.
A actuación dará comezo ás 20.30 horas e o acceso será de balde, aínda que será preciso retirar previamente o convite. As entradas poderanse recoller desde as 19.30 horas no propio edificio, cun máximo de dúas por persoa adulta.
O espectáculo, cunha duración aproximada de 70 minutos e non recomendado para menores de 18 anos, propón unha viaxe polos capítulos persoais e profesionais de Federico Pérez. O artista mestura humor e música para relatar pasaxes da súa infancia, da súa familia e das súas lembranzas. A obra forma parte igualmente da programación da Rede Cultura da Deputación da Coruña.