O Atlantic Pride convoca a IV Edición do Certame de Literatura LGTBIQ+

ACoruñaXa
Co fin de seguir creando unha rede de cultura e activismo a través da literatura
certame-literario-1080x1350
24 Feb 2025

O Atlantic Pride convoca a cuarta edición do seu Certame de Literatura LGTBIQ+, co fin de seguir creando unha rede de cultura e activismo a través da literatura. Este certame de relato curto sobre a diversidade conta coa colaboración da Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña, e do club de lectura QUEERuña, un grupo que se reúne desde 2016 para ler e debater sobre cultura LGTBIQ+.

O IV Certame de Literatura LGTBIQ+ busca dar visibilidade ás diversidades sexuais e de xénero, así como vivenciar as experiencias das persoas LGTBIQ+ que se atopan en situacións de minoría. As obras presentadas deberán estar escritas en galego, ser orixinais e inéditas, e tratar temas de diversidade LGTBIQ+. O prazo para a entrega das obras estará aberto ata o 31 de maio de 2025. O concurso repartirá tres premios en metálico, de 600, 300 e 100 euros, para as mellores obras.

O xurado estará formado por membros do club de lectura QUEERuña, e os gañadores do certame serán anunciados durante a celebración do festival, que terá lugar do 6 ao 13 de xullo de 2025, onde tamén se realizará a entrega dos premios.

Poderán participar todas as persoas maiores de idade que presenten obras en galego, orixinais e inéditas, que non se atopen publicadas en ningún formato nin premiadas noutros certames. Cada persoa poderá presentar unha única obra e, ao participar, acepta a cesión da obra para a súa publicación e difusión en medios relacionados co Atlantic Pride ou o club de lectura QUEERuña. Tamén se prevé a posibilidade de publicar un libro cos relatos premiados e unha selección do xurado no futuro.

⚙ Configurar cookies
0.22194004058838