O Asperga F.C e o R.C. Deportivo Genuine xogarán un partido amizoso o sábado

ACoruñaXa
O encontro será o sábado, 13 de abri no pavillón San Francisco Javier en A Coruña
Imaxe do equipo do ASPERGA F.C
11 Abr 2024

Este sábado, 13 de abril, desde as 13.00 ata as 15.00 horas, o pavillón San Francisco Javier en A Coruña será o escenario dun emocionante partido de fútbol amistoso entre o ASPERGA F.C. e o RC Deportivo Genuine. Un encontro que promete non deixar a ninguén indiferente.

A iniciativa é un claro exemplo do compromiso coa inclusión e a diversidade no deporte. ASPERGA (Asociación Galega de Asperger) e o RC Deportivo Genuine únense nunha xornada de deporte e fraternidade, onde a igualdade e a camaradería serán os protagonistas. O partido agarda brindar momentos emocionantes, repletos de compañeirismo e habilidades deportivas, creando unha xornada inesquecible para todos os asistentes.

O ASPERGA F.C Este Club de Fútbol Federado, creouse en 2023 en colaboración con ASPERGA (Asociación Galega de Asperger), O obxectivo é darlle a oportunidade a tódalas persoas que teñan un diagnóstico de TEA (Trastorno do Espectro Autista) e ganas de practicar fútbol de forma amateur, para cumprir o soño de xogar e romper o estigma de que as persoas autistas non poden facer deporte da mesma maneira.

Pola súa banda, o DÉPOR GENUINE Dépor Genuine é o equipo da Fundación RC Deportivo está integrado por persoas con discapacidade que compiten en LaLiga Genuine.

0.12085700035095