O ANPA do CEIP María Barbeito reclamará este venres máis profesorado de opoio no centro
Os pais e nais integrantes do ANPA do Colexio de Educación Infantil e Primaria María Barbeiro dentro do barrio do Ventorillo na Coruña convocan unha protesta diante das instalacións do centro, no portalón principal, este venres 16 de febreiro ás 9.00 horas da mañá.
O motivo desta folga non é outro que reclamar unha educación digna para os seus fillos e fillas. No manifesto da convocatorio o ANPA solicita que os políticos cumpran coas súas promesas en canto ás melloras para o centro, cuxo comedor tivo que ser financiado a metade entre o propio ANPA e a Xunta para poder dar servizo a comezos de curso escolar.
Os asociacións de pais e nais tamén reclaman a necesidade do centro de contar con novo mobiliario para poñer en marcha o comedor. Así como a necesidade de contratar máis profesorado especializado en Audición e Linguxe (AL) e en Pedagoxía Terapéutica (PT) para cubrir al necesidades do alumnado do centro escolar.