O alumnado do IES O Mosteirón visita o Concello de Sada

ACoruñaXa
Mantiveron un encontro co alcalde e as concelleiras e concelleiros do Grupo de Goberno no salón de plenos
concello-sada
7 Feb 2025

Un grupo de estudantes de 1º de ESO do IES O Mosteirón tivo a oportunidade de visitar as dependencias municipais de Sada, onde mantiveron un encontro co alcalde e as concelleiras e concelleiros do Grupo de Goberno no salón de plenos. Durante a visita, os mozos e mozas puideron coñecer máis a fondo o funcionamento da institución municipal e debater sobre cuestións que lles preocupan no seu día a día.

A charla xirou arredor de diversas áreas clave para os estudantes, como a cultura, o deporte, a mocidade, a seguridade e as infraestruturas do municipio. Os alumnos e alumnas aproveitaron a ocasión para expresar as súas inquedanzas e propostas, amosando un gran interese por entender como se xestionan estes ámbitos e como inflúen na súa vida cotiá.

O alcalde e as concelleiras e concelleiros agradeceron a participación activa dos mozos e mozas e destacaron a importancia de fomentar a participación cidadá desde idades temperás. Ademais, comprometeron seguir traballando nos aspectos que máis preocupan á xente nova de Sada, co obxectivo de seguir mellorando a calidade de vida no municipio.

Esta actividade forma parte do compromiso do Concello de Sada por achegar a política local aos mozos e fomentar o diálogo entre as distintas xeracións.

0.16385412216187