O alumnado do Afonso X O Sabio, de visita á Universidade de Santiago de Compostela
ACoruñaXa
Cursan segundo de bacharelato e tiveron así a oportunidade de achegarse ao que é a vida universitaria

5 Feb 2025
Unha visita á Universidade de Santiago de Compostela, foi o que viviu o alumnado de segundo de bacharelato do Instituto de Educación Secundaria Afonso X O Sabio, de Cambre. Así puideron achegarse á vida universitaria e descubrir que lle pode ofrecer de cara á próxima escolla educativa que realicen.
Ademais de informarse sobre as distintas carreiras que se poden cursar alí, puideron coñecer as instalacións do centro universitario.
Esta visita complementouse cunha charla con exalumnas do centro que están este ano estudando na universidade.