O alumnado de Bergondo demostrará o seu talento sobre as táboas do 'VI Maratón Teatral'

ACoruñaXa
O evento teatral terá lugar no auditorio da Senra entre este venres e o sábado
Imaxe do cartel da Maratón Teatral de Bergondo
7 Jun 2024

Preto de 50 nenos e nenas participantes na actividade extraescolar de teatro do ANPA As Mariñas demostrarán este venres e sábado todo o seu talento sobre as táboas do auditorio da Senra na VI edición do Maratón Teatral que organiza a ANPA, a asociación cultural Catrogatos e o Concello de Bergondo.

Ademais, este ano haberá participantes especiais chegados doutros concellos, como son o grupo Abaixo ou Pano de Ordes e a Escola de Teatro Municipal de Oroso.

Este non parar de teatro comezará ás 20.00 horas, coa Escola de Teatro dá ANPA As Mariñas, que representarán ‘A Fábrica do Chisme).

Xa o sábado, a primeira obra será ‘Quen matou a Plex?’, do grupo de Ordes, ás 12:00 horas; mentres que á unha será a quenda dos nenos e nenas de Oroso, coa interpretación de ‘Coco’s Family’. Xa pola tarde, os nenos e nenas da Escola de Teatro bergondesa representarán ‘A porta misteriosa’ (16.30 horas), ‘A máquina de Monstros’ (17.30), ‘Ratas’ (18.30), e ‘Fanáticas’ (19.30 horas).

A concelleira de cultura do Concello de Bergondo, Patricia Vázquez, destaca esta iniciativa “que permite aos nenos coñecer o proceso completo de creación dunha obra de teatro e á vez incúlcalles o gusto por esta arte”. “Ademais, todos os veciños e veciñas de Bergondo poderemos gozar dunha gran xornada de teatro”, explicou, engadindo que a “entrada é gratuíta ata completar aforo”.

 

CARTEL MARATON TEATRO BERGONDO
0.17172002792358