O alumnado de Abegondo e Xenova estreitou lazos cun intercambio educativo

ACoruñaXa
Na iniciativa participaron 9 alumnos xenoveses e 7 abegondeses, xunto con 4 e 2 profesores, respectivamente
intercambio-abegondo-genova
Intercambio de alumnos de Abegondo e Xénova
18 May 2025

O Concello de Abegondo recibiu esta semana a un grupo de 9 alumnos italianos que participan nun intercambio co alumnado do IES de Viós. Proceden en concreto do Instituto de Secundaria de Xenova e cursan 2º da ESO.

O intercambio xa tivera en marzo pasado unha primeira parte, cando os mozos e mozas abegondeses se desprazaron ata Xenova. Na iniciativa participan 9 alumnos xenoveses e 7 abegondeses, xunto con 4 e 2 docentes, respectivamente.

O alcalde, José Antonio Santiso, recibiu ao alumnado e profesorado participante na iniciativa e animounos a “aproveitar cada segundo dunha experiencia única, unha forma perfecta para coñecer outras realidades”.

Santiso fíxolles entrega dun agasallo de benvida aos rapaces italianos, aos que lles explicou a orixe de Abegondo e as características do medio natural e rural que o definen. “Estamos encantados coa visita, sempre seredes aquí ben recibidos”, expresou.

Durante a súa estadía en Abegondo, que se prolongou ata o sábado 17, o alumnado italiano estivo nas casas das familias de Abegondo, do mesmo xeito que ocorrera en Xenova.

Durante a semana, tamén visitaron a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e a Aula da Natureza do Concello en Crendes, cun percorrido pola contorna.

Esta visita está enmarcada no terceiro intercambio que realiza o IES de Viós dentro do Proxecto ERASMUS+. O primeiro foi a Goslar (Alemaña), o segundo a Cáccamo (Italia) e o terceiro a Xenova.

⚙ Configurar cookies
0.17063212394714