O alcalde de Vilarmaior reúnese co concelleiro de Cultura para colaborar no fomento do galego

ACoruñaXa
Tamén abordaron vías de cooperación en materia de programación cultural
250131_Vilarmaior_x-1
31 Jan 2025

O Concello de Vilarmaior prestará especial atención ao fomento do galego e de dinamización e programación cultural de interese. Así o puxeron de manifesto o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos e o alcalde de Vilarmaior, Carlos Vázquez. Mantiveron unha reunión en San Caetano para avanzar en diferentes canles de colaboración vencelladas co seu departamento.

Precisamente, o representante de Cultura do Goberno galego centrou este encontro co rexedor coruñés en amosar o seu interese en facer partícipe a este concello, como ao resto de administracións locais da Comunidade, na folla de ruta de impulsar un maior uso e prestixio do noso idioma, ao abeiro do Pacto da Lingua. De igual xeito, tamén abordaron vías de cooperación en materia de programación cultural, dentro da estratexia da Consellería de dinamización da cultura no rural, a través da Rede Adival.

 

0.15855312347412