O alcalde de Paderne xestiona coa Xunta as autorizacións para mellorar infraestruturas municipais

ACoruñaXa
Sergio Platas reuniuse coa Dirección Xeral de Patrimonio para axilizar intervencións en espazos públicos e anuncia novas medidas para dinamizar os servizos á veciñanza
PADERNE sergio platas hospital
12 Dec 2025

O alcalde de Paderne, Sergio Platas, desprazouse ás oficinas da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia co obxectivo de desbloquear as autorizacións necesarias para executar diferentes actuacións de mellora nas infraestruturas municipais. Segundo explicou o rexedor, trátase de pasos imprescindibles para poder intervir en espazos e equipacións que, pola súa protección patrimonial, precisan do visto e prace previo da Administración autonómica.

O Concello confía en que estas xestións permitan axilizar proxectos de acondicionamento e posta en valor de varios espazos de uso público, co fin de mellorar a súa funcionalidade e conservación e, ao tempo, garantir o debido respecto ás esixencias de protección do patrimonio histórico e cultural do municipio.

Desde o Goberno local adiantan, ademais, que nas vindeiras datas se informará con máis detalle doutras actuacións orientadas á dinamización dos servizos públicos de uso e desfrute da veciñanza de Paderne, en liña coa aposta municipal por reforzar dotacións, mellorar mantementos e ampliar os recursos dispoñibles para a cidadanía.

⚙ Configurar cookies
0.077233076095581