O alcalde de Oleiros recibe ao novo comandante da Garda Civil da Coruña
ACoruñaXa
O Alcalde de Oleiros recibiu este luns, ao novo comandante da Garda Civil da Coruña, Santiago Pichel.
22 Jan 2024
O Alcalde de Oleiros recibiu este luns, ao novo comandante da Garda Civil da Coruña, Santiago Pichel. Durante o encontro ambos estiveron acompañados pola da concelleira de Seguridade Cidadá, Marga Figueroa e o tenente Borja Sobrino Costoya, xefe do Posto Principal de Oleiros.
García Seoane agradeceu a visita ao Concello e ofreceulles a tradicional recepción e a completa colaboración da Policía Local coa Benemérita, así como o resto dos recursos de seguridade cidadá que manexa o Concello.
O alcalde aproveitou a ocasión para destacar a habitual harmonía e a constante colaboración coa Garda Civil que presta un importante servizo á cidadanía de Oleiros, contribuíndo así a conseguir uns elevados índices de seguridade pública.