O alcalde de Culleredo dálle a benvida ao novo Xefe da Comandancia da Garda Civil da Coruña

ACoruñaXa
O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, e a tenente de alcalde e concelleira de Participación Cidadá e Deportes, Cristina Pardo recibiron no Concello ao novo Xefe da Primeira Compañía da Comandancia da Garda Civil da Coruña, Santiago Pichel Arca.
Culleredo -Reunión Guardia Civil 1
19 Jan 2024

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, e a tenente de alcalde e concelleira de Participación Cidadá e Deportes, Cristina Pardo recibiron no Concello ao novo Xefe da Primeira Compañía da Comandancia da Garda Civil da Coruña, Santiago Pichel Arca.

Ambos quixeron desexarlle “toda a sorte nesta nova etapa”, tendendo a man desde o Concello a “colaborar en todo o necesario coa Garda Civil e que redunde, por suposto, na seguridade e benestar das cidadás e cidadáns”.

Asistiron tamén ao acto o Capitán José Antonio Táboas Treviño, segundo Xefe da Primeira compañía da Comandancia da Coruña e a Tenente Silvia Escobar Pin, Xefe Posto Principal de Culleredo. . O alcalde entregoulle un detalle a Santiago Pichel Arca tras o seu recente nomeamento.

0.16892910003662