O alcalde de Aranga dá a benvida ao alumnado e entrega axudas de material escolar

O alcalde de Aranga, Alberto Platas, achegouse hoxe ao centro educativo municipal para acompañar ao alumnado no inicio do curso escolar e facer entrega das axudas de material convocadas polo Concello. A iniciativa pretende aliviar a carga económica das familias e garantir que todos os nenos e nenas comecen as clases en condicións de igualdade.
Durante a visita, Platas destacou o compromiso do Concello coas políticas de conciliación e apoio á educación e desexou ao profesorado e ao alumnado un curso “cheo de aprendizaxes, ilusión e boas experiencias”. As axudas de material escolar inclúen lotes de material básico destinados aos alumnos que así o precisan e forman parte das medidas municipais para fomentar a igualdade de oportunidades no ámbito educativo.
O Concello lembra que estas liñas de apoio se suman a outras actuacións locais en materia educativa e social e anima ás familias a contactar coa Administración local para resolver calquera dúbida sobre a convocatoria.