O 7º Festival de Primavera chega a Arteixo polo Día Internacional da Poesía

ACoruñaXa
O recital contará coa participación de catro alumnas de 2º de ESO do IES Manuel Murguía
cultura-arteixo
19 Mar 2025

Arteixo prepárase para celebrar, un ano máis, o Día Internacional da Poesía cun evento cultural único: o 7º Festival de Primavera, que terá lugar o venres 21 de marzo ás 20.30 horas no Auditorio CCC Manuel Murguía. Esta xornada especial combinará a maxia das palabras e a harmonía da música, ofrecendo ao público unha experiencia artística para todos os gustos.

O recital contará coa participación de catro alumnas de 2º de ESO do IES Manuel Murguía: Jazmín Rubio Pardo, Estela Vilar Blanco, Sara Abajo Santos e Alicia Míguez Campello. Estas promesas da poesía interpretarán os seus propios versos, dando inicio á noite de cultura e arte.

Ademais, o evento tamén contará coa presenza de tres recoñecidos poetas senior de gran prestixio na comunidade literaria galega: Henrique Rabuñal, Miguel Sande e Alfredo Ferreiro, quen aportarán a súa visión e talento ao recital, facendo desta cita unha noite memorable.

A Banda de Música da EMMA será a encargada de acompañar os poemas con música en vivo, creando unha atmosfera máxica que fusionará poesía e melodía de maneira inseparable. A duración do recital será de 60 minutos e é necesario contar cunha invitación para asistir ao evento. A entrada é libre, pero as invitacións son limitadas, polo que se recomenda obtela con antelación.

 

⚙ Configurar cookies
0.20785713195801