O 29º Rallye da Coruña chega a Oza-Cesuras con gran expectación

O XXIX Rallye da Coruña, que se celebrará os días 21 e 22 de marzo de 2025, contará cun tramo no Concello de Oza-Cesuras, que agarda unha participación de máis de cen pilotos. Esta proba, puntuable para o Campionato Galego de Asfalto, será a segunda do Campionato Xunta de Galicia de Rallyes – Recalvi.
O venres 21 de marzo, o evento comezará coas verificaciós técnicas e administrativas, que se realizarán a partir das 09.30 no polígono de Vío. A saída do primeiro participante terá lugar na Praza de María Pita ás 20.00.
O sábado 22 de marzo, a acción arrincará coa saída da primeira sección ás 08.00. A segunda sección sairá ás 10.25, a terceira ás 14.11 e a cuarta e última ás 18.10, cunha chegada estimada ás 21.10 na Praza de María Pita.
O traxecto do rallye incluirá un espectacular tramo que atravesará o Concello de Oza-Cesuras, un percorrido que promete moita emoción para os afeccionados ao automovilismo e para os veciños da zona. Finalmente, o domingo 23 de marzo, publicaranse os resultados oficiais ás 00.30. A proba contará coa participación de pilotos de renome e será unha gran oportunidade para disfrutar dunha das competicións máis importantes do automovilismo galego.