Nova convocatoria do Premio de Poesía Concello de Carral na súa edición número 28

ACoruñaXa
O libro gañador do ano pasado foi 'A pel do exilio' de Silvia Penas
FOTOS-CARRAL---Entrega-do-27º-Premio-de-Poesía-
15 Feb 2025

O Concello de Carral anuncia a convocatoria dunha nova edición do Premio de Poesía Concello de Carral. Neste ano 2025 o certame suma xa as 28 edicións, mantendo sempre a intención de seguir colaborando a fornecer o sistema literario galego, a difundir a poesía entre a poboación de Carral, a descubrir novos valores da nosa literatura ou a consolidar poetas que xa contan con obra publicada.

Durante estas 28 anos o premio de Carral consolidouse coma un dos máis importantes de Galicia, o cal lle foi recoñecido pola Deputación de Ourense que lle concedeu un dos seus premios Rodolfo Prada 2024 a iniciativas galegas de xestión cultural.

Nas bases da actual convocatoria están recollidos todos os aspectos que atinxen á presentación de obras e que se resumen en: premio de 3500 euros e a publicación da obra en Edicións Espiral Maior; obras orixinais e inéditas en galego cun mínimo de 500 versos e prazo aberto para a presentación de obras ata o 31 de marzo.

O premio entregarase nun acto que terá lugar o 30 de maio, no que tamén se presentará a edición do libro gañador o ano pasado, 'A pel do exilio' de Silvia Penas. Para levar a cabo o certame o Concello de Carral conta coa colaboración da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Na páxina web do Concello están xa publicadas as bases deste certame.

0.16345691680908