Nova andaina polo patrimonio natural e cultural de San Xulián de Coirós este 8 de novembro

ACoruñaXa
O Concello organiza unha ruta guiada de dificultade media, con saída ás 10.00 h dende o centro social, pensada para todas as idades e con inscrición gratuíta previa
COIRÓS ruta
30 Oct 2025

O Concello de Coirós celebra o sábado 8 de novembro unha nova cita dentro do programa ‘Andainas por Coirós’, cun percorrido pola parroquia de San Xulián de Coirós. Trátase da terceira camiñada organizada ao abeiro desta iniciativa municipal, que pretende poñer en valor tanto o patrimonio natural como o cultural do territorio.

A ruta permitirá coñecer puntos de interese da parroquia, así como a súa contorna paisaxística. A actividade está pensada para público de diferentes idades e considérase de intensidade media. En todo caso, os menores deberán participar acompañados dunha persoa adulta responsable. A organización recomenda levar roupa e calzado cómodo e adecuado para camiñar por pistas sen asfaltar.

A saída será ás 10.00 h desde o aparcadoiro do centro social de Coirós e e participación é de balde, mais é preciso inscribirse previamente a través do formulario dispoñible na web municipal, antes do 5 de novembro. As prazas son limitadas.

⚙ Configurar cookies
0.081319093704224