Nebulossa, Rosa López, Las Ketchup e Lucía Pérez actuarán no Atlantic Pride 2024

ACoruñaXa
As estrelas eurovisivas encherán de cor e diversión o programa da quinta edición do festival, que se celebrará do 7 ao 14 de xullo de 4 na Coruña
Nebulossa_1
30 Jan 2024

O Atlantic Pride 2024 desvela os primeiros nomes que encherán de cor e diversión o programa da súa quinta edición, que se celebrará na cidade da Coruña do 7 ao 14 de xullo. As estrelas eurovisivas Nebulossa, Rosa López, Las Ketchup e Lucía Pérez súmanse así ao cartel do evento xa coñecido como o 'Orgullo do Norte' coruñés.

Da man desta primeira selección de artistas, o público poderá gozar nas prazas e rúas da cidade a ritmo dos sons máis bailables, do flamenco con toques de europop de Las Ketchup ao pop dance de Rosa López , o folk e os ritmos latinos de Lucía Pérez. Na cita tampouco faltará o celebrado electropop de Nebulossa, banda que se erixiu como unha das grandes revelacións -ademais de favorita- do Benidorm Fest 2024 co seu tema 'Zorra', canción que supera o millón de escoitas en Spotify e coa que o dúo actuará esta mesma noite na primeira semifinal do certame.

Luis Pazos, o presidente de Orgullo Coruña, a asociación organizadora do festival Atlantic Pride, apuntou que o “Atlantic Pride é un festival de cultura LGTBI que reúne, un ano máis, desde concertos ata un certame de literatura no marco incomparable da cidade da Coruña, para amosar a que a diversidade tamén existe nesta esquina da Península e para seguir a estela da consolidación do festival como o Orgullo do Norte”.

En relación á liña de programación desta quinta edición do Atlantic Pride, Pazos salienta que “unha vez máis, queremos diferenciarnos do resto de festivais, con un elenco de artistas que non estamos acostumados en ver noutros eventos. Artistas eurovisivos e moi queridos polo público, artistas internacionais, artistas galegos e artistas locais da cidade da Coruña serán os que este ano doten de sentido ao noso cartel, do que hoxe avanzamos os primeiros nomes e que moi pronto desvelaremos na súa totalidade”.

Un cartel de artistas moi eurovisivo

O Atlantic Pride 2024 contará coa presenza do dúo alicantino de synthpop, Nebulossa, formado por María Bas  e Mark Dasousa e que participarán no Benidorm Fest 2024. Desde a súa formación no ano 2018, a banda fusiona sons e melodías dos anos 80, colleitando éxitos como que o seu tema 'Glam' fose seleccionada como a mellor canción do 2021 polo xurado de Indie Cool, ademais de ser nominado aos Premios Pop Eje como grupo revelación.

O festival coruñés contará con Rosa López, popularmente coñecida como 'Rosa de España'. A Artista saltou á fama no 2001 coa súa participación na primeira edición de Operación Triunfo -do que foi gañadora-. No ano 2002 representou a España en Eurovisión, acadando a sétima posición e unhas cifras de audiencia récord. A súa interpretación foi a máis vista na historia de Eurovisión ata o de entón, congregando a 12,7 millóns de espectadores co tema Europe's Living a Celebration. Ao longo da súa carreira como cantante e vocalista, Rosa López publicou un total de 8 álbums de estudio. Ademais, a artista lanzou un EP, 22 sinxelos e un álbum recompilatorio.

Ademais, a expresentante de Eurovisión no 2011, Lucía Pérez animará o festival. A artista galega gañou popularidade a nivel nacional e internacional despois de representar a España no Festival de Eurovisión co tema 'Que me quiten o bailao'. A súa música destaca por fusionar diversos xéneros, incluíndo pop, folk e ritmos latinos, creando un estilo propio que a distingue.

As icónicas Las Ketchup tamén actuarán no Atlantic Pride. O grupo musical cordobés integrado polas catro irmás Muñoz (inicialmente, Lucía, Lola e Pilar; e, a partir de 2006, tamén Rocío). Fillas do guitarrista Juan Muñoz e que rexistraron un grandísimo éxito en 2001 coa súa canción 'Aserejé', un tema de 1999 que fusionaba flamenco e europop. 'Aserejé' converteuse na canción do verán tras acadar o número un nas listas de numerosos países, tanto de Europa como de Latinoamérica e Asia.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16815400123596