As personas dadas de alta no RETA recibirán un SMS para actualizar os seus datos
A subdelegada do Goberno na Coruña, informa que nas vindeiras semanas, máis de 10.000 persoas dadas de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) da provincia da Coruña, recibirán unha mensaxe a través de SMS no seu móbil, para que actualicen os seus datos de contacto e, moi especialmente, o seu enderezo de correo electrónico.
A comunicación aos traballadores e traballadoras que teñen que actualizar datos, será enviada escalonadamente durante as vindeiras semanas para facilitar tamén o acceso á modificación dos mesmo e así evitar colapsos.
María Rivas sinalou que a mensaxe que se pode recibir no móbil terá o seguinte texto “La TGSS en A Coruña solicita que utilice el Portal IMPORTASS/Datos Personales/via SMS (http://run.gob.es/adiama) para actualizar sus datos de contacto (móvil y e-mail), necesarios para recibir comunicaciones de la TGSS. Más Info : 901502050 o 915410291”
“Dende a subdelegación facemos un chamamento para a dar difusión a esta campaña para que quen reciba a mensaxe teña a certeza de que non é unha estafa ou un bulo”, sinalou Rivas
As persoas que reciban a mensaxe deben seguir ás instrucións para facilitar os seus enderezos electrónicos unicamente a través do portal IMPORT@SS da Tesourería Xeral da Seguridade Social ou, se o prefiren, presencialmente en calquera oficina da Tesourería.
María Rivas, explicou que a TXSS está procedendo á actualización do Ficheiro Xeral de Afiliación para depurar erros nos datos de contacto, o que na provincia da Coruña supón chegar a algo máis de 10.000 persoas inscritas no RETA (sobre un total duns 84.000 alta na provincia).
O obxectivo desta actualización é garantir que todo o colectivo reciba as comunicacións que vai enviar a TXSS no último trimestre do ano no marco do novo proceso de regularización anual do sistema de cotización. A regularización anual é necesaria porque as bases mensuais elixidas cada ano ten carácter provisorio ata que se produza a regularización anual da cotización. Antes do remate de 2024 cómpre, por tanto, regularizar as bases do ano 2023.
A imposibilidade da TGSS de contactar con calquera das persoas dadas de alta no RETA pode convértese nun problema, dado que unha notificación non recibida con saldo debedor podería xerar, chegado o caso, unha débeda coa Seguridade Social.
A Seguridade Social recibe a ano vencido información sobre os rendementos anuais reais percibidos. Se a cota elixida resulta inferior á asociada aos rendementos reais, comunicados pola Administración Tributaria, debe notificarse ao traballador ou traballadora a diferencia. O importe da regularización debe abonarse antes do último día do mes seguinte ao da notificación. De xeito contrario, se a cotización real resultase superior, a Tesourería debe reintegrar a diferencia antes do 30. Para comunicar calquera das dúas casuísticas é fundamental ter os datos actualizados.