Nace en Sada a Asociación Veciñal San Antonio tras o apagón: impulsa melloras para Riovao e A Chaburra

ACoruñaXa
O novo colectivo veciñal celebra a xuntanza inaugural o sábado 11 ás 11.00 para presentar proxectos, sumar socios e planificar actuacións en seguridade viaria, aceras e vida comunitaria
SADA av de san antonio
9 Oct 2025

A Asociación Veciñal San Antonio convoca á veciñanza á súa primeira reunión de presentación este sábado 11 ás 11.00, na que darán a coñecer a súa estrutura, prioridades e calendario de actividades. O encontro, aberto a residentes de Riovao, A Chaburra e outros barrios próximos, servirá para recoller propostas, formalizar altas de socios e poñer en marcha comisións de traballo sobre cuestións urbáns e comunitarias.

A directiva, que encabezan Xisela Díaz (presidenta), Luisa Alejandre (vicepresidenta) e Roberto Vilariño (secretario), explica que a reunión priorizará actuacións palpables e inmediatas: mellora do paso peonil á entrada de Riovao, reparación e ampliación de aceras, sinalización viaria, incremento de prazas de aparcamento, rehabilitación do mobiliario urbano e recuperación de espazos e tradicións locais, como as festas e a procesión de San Antonio. Tamén se abordarán liñas de colaboración co Concello e instrumentos para facer presión veciñal efectiva.

Os responsables insisten en que a asociación quere manter un carácter cívico e apolítico: “Non somos un espazo para a política, senón para mellorar o barrio e resolver problemas do día a día”, sinala Vilariño. Na xuntanza presentaranse ademais os materiais promocionais (camisetas e llaveros) e ascanseiras de participación para as primeiras accións de mobilización cidadá.

A organización anima a participar a toda a veciñanza, especialmente a quen teña propostas concretas ou interese en formar parte das comisións de traballo. A intención é comezar a executar proxectos xa nos próximos meses e recuperar o sentido comunitario do barrio con actuacións visibles e inmediatas.

⚙ Configurar cookies
0.071686029434204