Nabiza Girl actuará no Recinto Feiral de Curtis o 29 de novembro

O Recinto Feiral de Curtis acollerá o venres 29 de novembro ás 21:00 horas a función teatral Nabiza Girl, protagonizada e dirixida pola actriz Isabel Risco. Este espectáculo, dirixido a público adulto, conta coa historia de Chelo García Naveira, máis coñecida como Nabiza Girl, unha superheroína rural galega dotada de poderes que, segundo ela mesma asegura, proveñen do sulfato de cobre.
Con moito humor e unha gran dose de crítica social, Isabel Risco amosa as aventuras e desventuras desta peculiar superheroína que busca reivindicar as raíces e a cultura galega. A entrada ao evento será libre, convertendo esta representación nunha cita imperdible para os amantes do teatro e a retranca galega.