Myke Towers, Juanes, Hard GZ e Belén Aguilera, primeiras confirmacións do Morriña Fest 2026 na Coruña

O Morriña Fest xa ten datas para a súa edición de 2026 e volverá instalarse no porto da Coruña os días 24 e 25 de xullo, cun primeiro avance de cartel que mestura pop, urbano e grandes nomes internacionais.
Entre as primeiras confirmacións figuran o portorriqueño Myke Towers (que regresará á cidade tras actuar este ano no Coliseum), o colombiano Juanes, o rapper Hard GZ e a cantante catalana Belén Aguilera, unha das voces máis recoñecibles do pop alternativo estatal.
A alcaldesa, Inés Rey, situou o Morriña Fest como 'unha das citas máis importantes do calendario estival galego' e puxo o foco no porto como un espazo cada vez máis consolidado para grandes eventos musicais e culturais.
En canto ás cifras de público, o festival volveu mover decenas de miles de asistentes nas súas últimas edicións (en 2025 falou-se de arredor de 31.000 persoas e en 2024 superou as 40.000).
As entradas para o Morriña Fest 2026 sairán á venda mañá, martes 16 de decembro, ás 12.00 horas, a través das canles oficiais do evento. O festival contará un ano máis co apoio do Concello da Coruña.